Adiviñas do mar galego, de feira a feira
O «Informe anual de comercio exterior 2025» recolle, para os produtos do mar, unha exportación de 848.000 toneladas fronte á importación de 1,38 millóns. Adescarga de pesca fresca en Galicia foi de 107.000 toneladas, ás que hai que sumar as 189.000 da acuicultura (mexillón, 178.000), unha produción do mar de dentro que, con esforzado optimismo, apenas alcanza a supoñer a quinta parte do importado. Esta evolución do mundo do mar, coa implantación das empresas mixtas —proposta de grandes visionarios e por iso acedamente discutida para logo asumilas—, pode interpretarse tamén na evolución das grandes feiras do mar en Vigo, capital pesqueira.
Se Alfonso Paz-Andrade se atrevía en 1973 —en plena crise do petróleo— a organizar a primeira........
