menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Eclipses

20 0
15.08.2026

A min, a eclipse do pasado mércores decepcionoume un pouco. Esperaba que nos setenta segundos de ocultamento do sol a noite fose —dito poéticamente— pecha como a noite escura da alma de San Juan de la Cruz, e as sombras negras como a negra sombra de Rosalía; e non foi así. A min pareceume só un lusco fusco algo renegrido. Claro que, sen sabelo, podo falar desde o resentimento porque de todas as persoas que coñezo a única que non viu a eclipse son eu. Non puiden. Estaba nun miradoiro recomendado polo Concello, e o sol lucía esplendoroso ante min e sorríame cada vez que o ollaba. E de súpeto unha nube grande e grosa, enorme, apareceu non sei como e papouno. Non o vin máis nin souben del ata que se fixo noite e todos os burlados botámonos a rir e puxémonos a aplaudir.

As eclipses........

© La Voz de Galicia