menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Chichi Campos e a praza do Humor

13 0
19.09.2026

O fillo do viñetista Chichi Campos quixera que o pai estivese representado na praza do Humor de A Coruña, que deseñei no 1989, e como non está imaxina varias causas posíbeis que van do veto de Paco Vázquez —daquela alcalde da cidade— á miña mala relación con Chichi. Nada é certo e aproveito para aclaralo e dicir algo deste peculiar recinto urbano.

Á saída do mercado de San Agustín estaba a antiga praza dos Ovos, cunha pendente tan acusada que moitas mulleres, cargadas coas bolsas da compra, caían de cu. O equipo de goberno quería facer algo pero non sabía que e como as caricaturas, os pregóns e os programas de radio me deran sona de enxeñoso, o concelleiro de Urbanismo, Esteban Lareo,........

© La Voz de Galicia