menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A última cruzada

17 0
17.10.2026

Ignoro cantas veces durante a cruzada contra o presidente Pedro Sánchez —que empezou o mesmo día en que prometeu o cargo— os máis apaixonados comentaristas políticos de dereitas trataron de «acéfalos» aos votantes de esquerdas, pero non foron poucas. Eu dinme sempre por aludido, pero nunca por agraviado. Imaxinábaos zoupándolle á tecla entre o pranto e o renxer de dentes, e divertíame. E o 29 de novembro, cando a cruzada acade a batalla final, dareilles parabéns aos vencedores, sexan quen sexan, que a cortesía é esencial no xogo democrático.

Todo indica que a suma dos votos de PP e Vox permitiralles gobernar en coalición, pero cruzadas houbo en que a vitoria contra o infiel........

© La Voz de Galicia