O novo mundo e as súas colas
Se un viaxa desde o vello mundo ao novo ten que ir preparado para facer cola.
Baixas do avión e atópaste cunha longa ringleira de persoas de todas as nacionalidades prestas a cederlle á Administración norteamericana a súa pegada dactilar e os seus datos biométricos faciais.
Dúas horas despois, no país dos automóbiles, para saír do aeroporto agardas outra hora na fila dos taxis de parada ou na dos que se piden por internet. Leva outra hora chegar ao final da cola do rexistro do hotel para, xunto con impostos varios, pagar un depósito polos mobles da habitación que poderías escachar ata que comproben que non os escachaches.
O Fondo Monetario Internacional (FMI) é a organización financeira da Organización de Nacións Unidas (ONU) e, ao igual que o Banco Mundial, ten a súa sede en Washington. Concibidos a finais de 1944 na Conferencia........
