Cando o embrague patina
Nunha costa moi pina pódese caer na tentación de reter o coche acelerando e á vez embragando coa marcha posta. A intención é boa, evitar que o coche vaia para atrás ou cale. Pero a idea é mala. Ao patinar o embrague, a temperatura das pezas que friccionan dispárase, empeza a xurdir un característico cheiro a xofre, e o mecanismo acaba por queimarse. Porque cada mecanismo ten a súa función. O embrague para cambiar de marcha, e o freo para parar. Usalos para o que non están concibidos adoita escarallalos.
A boa marcha dunha democracia parlamentaria depende da engranaxe correcta das súas pezas. As cámaras lexislativas debaten e aproban as leis, e o Goberno dirixe á administración respectándoas. O Goberno presenta os orzamentos e o parlamento debate e aproba anualmente os impostos que pode recadar e os límites aos........
