A «rissaga»
Hai días fun testemuña e vítima dun fenómeno costeiro que descoñecía. Chámase rissaga en linguaxe común e meteotsunami en linguaxe técnica. Consiste en variacións moi rápidas do nivel do mar que, en poucos segundos, pode subir e baixar máis dun metro, unha media de sesenta a cento vinte centímetros. Foi moi inquietante e producíronse escenas de desconcerto e ata de terror.
Na pequena cala onde me baño, o mar invadiu a costa de súpeto........
