Quince anos despois
A estratexia do adianto electoral forma parte do libro de estilo do presidente español que se nutre da tradición de quen o antecederon desde a chegada da democracia. Teño para min que a recente xornada parlamentaria centrada na cuestión da vivenda estivo marcada máis pola necesidade de seguir no Goberno ca pola posibilidade real de resolver a situación complicada e crítica desta cuestión. No 2023 foille útil cando, despois de malos resultados nas municipais e autonómicas de maio, disolveu as Cortes e adiantou catro meses as xerais. Se ben perdeu a maioría no Senado, mantivo unha complexa estabilidade no Congreso onde segue sen presentar novos orzamentos desde que foi elixido presidente. Mais a debilidade é evidente, os debates........
