Coidado coa lingua
A historiadora británica —e honoris causa pola Universidade de Santiago— Mary Beard é partidaria de mudar estruturas caducas como a de «encaixar doadamente as mulleres nunha estrutura que xa está codificada como masculina; hai que cambiar a estrutura». Un principio tan lóxico que semella incrible ter que seguilo vindicando. Que iso é puro feminismo? Obviamente. E sectario? Obviamente non: simplemente é xusto.
Visitemos os dicionarios das reais academias. Na española correspóndelle o coidado da unidade, correcto uso e evolución na hispanofonía da lingua común e compartida, e na galega, tamén o de fixar a normativa lingüística, a modernización do vocabulario ou a defensa do idioma. Fins indiscutibles e dunha alta responsabilidade que maioritariamente cumpren, mais non........
