O que significa saber ler
Cantos pais e nais seguen lendo contos aos nenos antes de durmir? Como explicou Daniel Pennac, a lectura chega primeiro a través da voz dun adulto, unha voz que acompaña. Os exames poden avaliar a comprensión lectora, pero dificilmente poden creala
Os datos dos últimos informes PISA acenderon as alarmas. Se ata esta edición a noticia adoitaba estar no ránking dos países, na comparativa que nos deixa en bo ou mal lugar, nesta ocasión o foco recaeu no deterioro de alcance case global, ata o punto de que se percibe certa prudencia á hora de ponderar esta ou aquela vantaxe como se a situación global non estivese para procurar consolo niso de que outros estean aínda peor.
Unha das competencias que máis se deterioraron en Galicia desde a anterior avaliación, cunha perda de 31 puntos, é a........
