Todo o mundo sabe quen é Beiras
Díxolle a Fernanda Tabarés no 2012: «A maior parte da xente non sabe quen son». Quizais pensaba iso porque é difícil acertar como nos ven os demais, pero o certo é que Xosé Manuel Beiras é, despois de Castelao, o único persoeiro nacionalista indiscutíbel. Tanto que é admirado ou rexeitado co nivel de paixón que só provocan eses seres aos que, para a súa desgraza, se lles extirpou a condición de persoas. Foi educado coma un........
