Volver
Moi probablemente, nos segundos anteriores á morte, habemos pensar na infancia, na casa primeira. As enfermeiras falan de que moitos, na agonía, repiten o nome da nai buscando o acubillo no seu peito. Nas enfermidades tipo alzhéimer, hai unha volta aos poucos á infancia. Os que tivemos trato con doentes desta cruel enfermidade sabemos o tópico porque é certo: vólvense coma nenos.
Gustamos de nos xuntar co s amigos de sempre e botar a ollada atrás.Escoitar a nosa música (por iso, as emisoras de radio de FM só programan música doutras décadas); ata hai cruceiros temáticos que, dalgún xeito, nos fan vivir a ficción de que estamos........
