menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os estadounidenses votaron contra a intelixencia artificial

17 0
09.11.2026

Do lapote xigantesco que lle meteron a Donald Trump nas eleccións de medio mandato (como bo narcisista xa dixo que a culpa non era súa senón dos candidatos, que eran malos) hai un dato moi interesante que se nos está a escapar e que, ao meu xuízo, cómpre poñer riba da mesa e é que ata nove dos candidatos demócratas que conseguiron representación, levaban na súa campaña medidas moi fortes contra o establecemento de centros de datos para desenvolver a intelixencia artificial. Isto é especialmente relevante neste instante no que semella que, sen discutir moito, estamos asumindo que a IA vai dominalo todo e que a súa irrupción é algo indiscutible.

Un dos grandes perdedores destas eleccións de medio mandato é Elon........

© La Voz de Galicia