Encher a neveira de iogures
O ser humano leva milenios prognosticando a súa propia desaparición. Houbo toda unha caterva de predicadores, visionarios e intérpretes das Sagradas Escrituras que se suicidaron en masa antes de chegar o ano 1000 convencidos de que viña o anticristo que acabaría con todo dando inicio á Apocalipse. Pero non chegou. Levaron un nabo.
Algo parecido, a un nivel menos dramático, pero algo tamén, pasou cando o famoso efecto 2000, que ía ser a hecatombe absoluta e ao final só serviu para que algunhas empresas informáticas gañasen máis pasta poñendo apósitos alí onde nin sequera había ferida. Levaron outro nabo.
Máis tarde,........
