En plan, como que, LOL
Leo un terrible informe que sinala que cada día usamos menos palabras. Publicouse en marzo e na Perspectives on Psychological Science para sinalar que na altura de 2005 cada persoa pronunciaba unha media de 16.000 palabras ao día e que agora andamos polas 11.000 e pouco. É dicir, en 20 anos perdemos unhas 5.000 palabras por día de media. Isto pode parecer un dato sen importancia, pero non o é. O estudo constata que a tendencia é á baixa e que, polo tanto, nos anos vindeiros imos empregar aínda menos verbas.
Os responsables do estudo, da Universidade de Missouri-Kansas City e Arizona, coidan que isto se debe aos nosos novos hábitos de comunicación, cada día........
