Claro que hai que regular a as redes sociais
Por suposto que hai que regular as redes. Por suposto que hai que prohibirlles o acceso aos menores. Cando naceron as redes dixéronnos que era para «democratizar o coñecemento». Co paso dos anos temos claro que o único que se democratizou foi o insulto.
Antes, para ter voz pública, tiñas que ter demostrada unha certa valía. Tiñas que ter, por exemplo, escrito e publicado algo, ocupar un cargo máis ou menos relevante, ter feita unha carreira docente (case escribo decente). Algo así. Como moito, se tiñas algo interesante que dicir, podías chamar a un programa de radio e intervir, ou escribir unha carta ao director que o........
