Vinte e dous anos do Museo Pedagóxico de Galicia
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) naceu en realidade hai máis de sesenta anos, cando eu asistía á escola do meu pai, en Trabada (Lugo). Este bo mestre díxome que aqueles obxectos e libros de uso cotián deberían conservarse, polo grande valor histórico que ían adquirir co paso do tempo. Gardei entón, e conservo coma ouro en pano, aqueles libriños de Rayas, cos que aprendiamos a ler, as enciclopedias Álvarez ou Santiago Rodríguez, a louza co pizarrillo, as plumas co mango de madeira e as súas plumillas, os tinteiros que encaixaban nos pupitres, e un longo etcétera.
Cando logo exercín como mestre e como inspector de educación fun observando, nos centros educativos que servín, a inxente cantidade de interesantes materiais escolares que se destruían diante das novas dotacións de equipamentos, e aniñou en min a idea de pedir axuda para recuperar todo este patrimonio que se........
