Un conto de pan e pemento
Alá por 1485 na miña cidade de nacemento xa estaba instaurado o Santo Oficio da Inquisición, máis coñecido popularmente como a Inquisición a secas. Dise que naqueles primeiros anos o seu tribunal actuaba cunha dedicación feroz e eficaz contra os presuntos delitos de fe e a dignidade das persoas. Naquel tempo, especúlase, tres súbditos con máis picardía que talento, para remediar as súas situacións económicas, algo de fame e moito de ambición, se confabularon co fin de roubar tres porcos dunha piara, que engordaba os seus días ao pé da serra do Santo Miguel, gardada por un cercado de pouca dificultade. Era primavera e aproveitando as sombras do lusco e fusco cumpriron tal propósito coa certeza de que, ao ser comedores de carne de porco, xamais serían acusados nin de mahometanos nin de xudaizar. E pola súa notoriedade cristiá tampouco de ladróns. Con todo, nos días seguintes a noticia do roubo........
