menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Podemos non pode e Sumar non suma

36 0
20.03.2026

Nunha soa xornada electoral en Castela e León Ciudadanos emitiu o último estertor lonxe da súa Cataluña natal. Ao tempo, Podemos e Sumar perderon as cadeiras do descontento en beneficio do Vox antisistema. No 15-M-026 castelán as murallas do bipartidismo volveron manifestarse, por ser útiles, inexpugnables. A democracia participativa soñada naquel mítico 15-M-011 (de marzo a maio, amor, cambiei o saio) botouse a durmir a vella sesta dos experimentos multiplicados por cero. Durante ese domingo televisado o país sorprendeuse de que en Salamanca aínda mantivesen acendida unha vela de paixón ao retrato de Alvert Rivera. Esta vez apagouse irremediablemente porque as zancadas da realidade non perdoan á hora de ir de enterro ou mandar ao museo dos recordos os partidos de laboratorio oportunista. Cs xa ten a súa vitrina fixa onda as de Operación Roca, UPyD, CDS, UCD, AP e un milleiro máis dos repartidos pola........

© La Región