Os libros non son para o verán
Teño o mal costume de acumular libros pendentes de ler durante todo o ano. A columna empeza tímida cos agasallos de Nadal e vai crecendo semana a semana coas compras, captación de novidades, obsequios de autores e autoras con cuxas amizades me honro e, mesmo, con recuperacións para reler. No pensamento levo instalada a idea de que o verán acabará desmantelando semellante torre de Pisa. En máis dunha ocasión tiven a idea de colocar unha etiqueta coa famosa frase propia de todos os lectores: “Libros para o verán”. Pero non, basta coa intención e así que alcanzamos a canícula selecciono aqueles exemplares que agraven o menos posible o peso da maleta e lévoos comigo unha vez ben calibrado o equilibrio entre o tempo dispoñible e o número de páxinas propicias para unha boa dixestión. O resto da columna queda na lista de agarda para o outono coas súas amables tardes de choiva tras os cristais. Non, todos os........
