menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Isabel, Fernando, Abascal e outras prioridades

11 0
19.06.2026

Aínda que o verán se presenta cálido e seco, as tormentas que asedian ao PSOE non amainarán deixando charcos xudiciais por todas as esquinas ata o ano que vén. Di o home do tempo que as brétemas inducidas por algúns xuíces son propicias para ocultar escándalos como o xuízo da “kitchen” ou os escapulidos do noivo dunha presidenta, de cuxo nome non logro lembrarme, e outros longos atrasos menores para maior solaz das ras de dona Esperanza Aguirre e as perversas finanzas de Cristóbal Montoro. O pantano está mal, moi mal e as areas movedizas non deixan paso aos desexos de don Alberto, quen veu á romaría do Pino con signos de cansazo no rostro restaurado e xa con só dúas maiorías absolutas que levarse á mesa: a do sucesor Alfonso I de Rueda e a madrileña, candidata a desbancalo en canto se descoide. O Pino non é o que foi o Monte Faro de Fraga porén a depauperada........

© La Región