Mondariz e Enrique Peinador Porrúa
Un xornalista do Diario de Pontevedra (7 de xullo de 1885) que acompañaba aos liberais en viaxe de propaganda política, comentou que pasaran por Ponteareas, “porque el Sr. Bugallal nos permitió el paso, pues pudo levantar el rastrillo, colocar sus fuerzas en las almenas de su torreón y tratarnos como habitantes del llano”, e engadía máis adiante referíndose ao momento de entrar en Mondariz: “Ya hemos pasado el dominio del Sr. Bugallal y hemos entrado en el del Sr. Peinador. Podemos, pues, respirar”.
De cada un dos Peinador escribíronse senllas biografías que reafirman as rexas personalidades das tres xeracións. O profesor Xosé Barreiro Fernández publicou unha densa biografía de Peinador Vela (“Murguía y Mondariz”), fundador da saga familiar, desde o seu nacemento ata o falecemento en 1917. Ricardo Gurriarán publicou “Enrique Peinador Lines e Mondariz. Empresa, turismo e país”, editada polo Foro E. Peinador. Recentemente Edicións Laiovento publicou a terceira, “Un demócrata fronte á barbarie fascista. Vida e martirio de Enrique........
