menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua

14 0
25.06.2026

A convocatoria dos Premios Peña Novo cumpre trinta anos. Unha iniciativa promovida por un grupo de funcionarios/as locais, neste caso do Concello de Redondela, integrados no Colectivo Galeguizar Galicia, que tanto ten contribuído a dinamizar o fomento da lingua galega nas administracións públicas e outras esferas sociais. Este trixésimo aniversario evidencia algo que afirmamos o día que decidimos rescatar a memoria do intelectual galeguista máis lúcido do seu tempo para apadriñar as honras que se lles fan a todas aquelas persoas e entidades que son merecentes delas.

Como adoita acontecer, algúns apresuráronse a poñerlle data de caducidade a aquela idea que se escenificou por primeira vez no castelo de Soutomaior; razóns non lles faltaban, porque son contadas as iniciativas que teñen continuidade tan longa no tempo. Este prodixio foi posible grazas ao entusiasmo dese grupo de funcionarios/as municipais no que sobrancea o intelixente activismo de Carme Vaquero. Trinta........

© La Región