Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade
A carta-circular do xeneral xefe da IV Zona da Guardia Civil en Catalunya dirixida a todos os efectivos do corpo policial o 28 de febreiro de 1989 foi un feito transcendental naqueles anos. O alto mando militar, alertado polos conflitos que se viñan producindo nas relacións entre a cidadanía e as unidades do corpo, expresaba que tales feitos “en nada favorecen a imaxe do Corpo. Cómpre que todo o persoal coñeza perfectamente a normativa que regulamenta o uso das distintas linguas propias das Comunidades Autónomas nas relación entre particulares e a Administración do Estado”. A circular dirixida a todos os mandos e membros da Garda Civil constituíu no seu tempo un acto de audacia pedagóxica pouco común naqueles anos nos que era escasa a lexislación promulgada para defender os dereitos lingüísticos. Para o xeneral, o artigo terceiro da Constitución Española era definitorio.
Daquela, a Orde 35/1987 do Ministerio de Defensa dispuña que “os documentos e certificacións redatadas na lingua oficial dunha comunidade autónoma que se dirixan á Administración Militar por particulares, serán atendidas e terán plena validez e eficacia”. E no que fai ás relacións verbais o seu alcance era claro e preciso: “Nas comunidades autónomas con lingua propia, os primeiros serán atendido, a súa........
