Nomes e alcumes
Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polos alcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dos textos das esquelas que se publican nos xornais.
O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas datas en 1975 tiven unha demorada conversa con veciños da miña aldea sobre estas curiosidades onomásticas. Daquela eran moi frecuentes os apelidos “Expósito”, por exemplo, porque evidenciaban que o naipelo fora abandonado pola súa nai no torno dun hospicio. As monxas rexistrabannos con tal apelido. Os párrocos aos fillos/as de nais solteiras inscribíannos con chuscas filiacións como “Incógnito”, ”N. T. ” (no tiene), “N. C. ” (no consta), “No”, “Desconocido”, “Sin Segundo” ( Celso E. Ferreiro dedicoulles un poema: “Fuco Pérez Sen Segundo”). Coñecín moitas persoas con esas odiosas filiacións.
Chegada a maioría de idade a lexislación permitíalles cambiar esas filiacións para non ter que apandar de por vida co carisma da deshonra. Foi asi como os “Sen Segundo” puideron pasar a chamarense “Sansegundo”. Lembro que en Vigo naqueles anos había un xuíz con ese apelido, que........
