Carme Vaquero, unha muller excepcional na historia do municipalismo galego
O expresidente da II República española, Manuel Azaña, conta nas súas memorias que cando un día se achegou ao Ministerio da Gobernación para facer o borrador do proxecto de lei de defensa da República, foille indicando artigos ao director de Administración local, que daquela era o intelectual galeguista don Emilio González López. “Este los redactaba en un idioma raro, propio de un gallego catedrático, porque el joven director posee ambas cualidades”, deixou escrito o tribuno republicano.
Lembrei esta anécdota ao fío dos comentarios que fun lendo sobre o acto que tivo lugar na Casa do Concello de Redondela o día da xubilación para despedir a Carme Pérez Vaquero, onde desenvolveu a súa actividade profesional durante 47 anos. Manuel Azaña e don Emilio González López, desde o ámbito político, fixeron o posible por modernizar a Administración do Estado imbuíndoa de racionalidade e fomentando a proximidade coa cidadanía. Con ese mesmo espírito e ilusión desempeñou o seu labor en Redondela Carme, a eficaz secretaria da Fundación Lois Peña Novo, a primeira entidade cultural creada na historia do municipalismo galego........
