Os límites da tolerancia: civilización fronte á barbarie
A presenza e actuación de Vox na Galicia, Catalunya e Euskadi vén sendo obxecto duna clara e sostida impugnación social e política. As últimas veces, nestas mesmas datas ou hai poucas semanas en Sada, Lugo, Cangas do Morrazo ou Compostela. Non se trata dunha mera desputa partidaria de conxuntura, senón dunha reacción profunda, xurdida da propia cidadanía e do tecido institucional destes países, fronte un proxecto político profascista que nega de plano a realidade plurinacional estatal, os seus dereitos lingüísticos e a diversidade social que os caracteriza. Diante desta realidade, xurde a pregunta inevitábel: como debe responder unha democracia liberal a respecto de quen utiliza as súas propias garantías para tentar destruila?
Cómpre contextualizamos o debate. A liberdade ideolóxica e o pluralismo político son os alicerces do Estado de dereito, da civilización. E a civilización non pode perseguir a discrepancia. A nosa arquitectura constitucional -e a de........
