Xulio Gil, aggiorna o Viacrucis multisecular
Achámonos ás portas da Pascua de Resurrección, a gran festa cristiá, que onte foi domingo de Ramos e, como di en verso o dito nemotécnico popular estacional para levar a conta das semanas litúrxicas, “Lázaro, Ramos... / en Pascua estamos!”. E antes daquela a Semana Santa, cumio das sete semanas-pernas da antiga Vella da Coresma, iniciada o mércores de cinza. Este é o tempo privilexiado do Viacrucis, unha práctica piadosa nas igrexas, base dos cadros e relevos das quince estacións que as adornan, algúns de mérito como o feito por Lapayese na capela dos Maristas de Ourense. Esta devoción foi saíndo delas, con cruces arredor dos adros que as circunda, mais cando as esmolas e dádivas eran abundantes, nomeadamente en santuarios, construíronse preto deles capelas contendo as escenas escultóricas. Así nas Ermitas (O Bolo) ou nos........
