Significadas exposicións de Oro Claro e Acisclo en Compostela
Xurxo Oro Claro (Loeda-Piñor, 1955) ou a expresión do talento plástico dende a cerámica artística xestada no taller de Allariz -vila na que enraizou o familia-, e Barcelos, Portugal, do distrito bracarense, famosa pola olería tradicional, con notable infraestrutura industrial, onde fixo Arxila, auga e lume, para expoñela en Santiago, salón do artesoado do Pazo Fonseca da Universidade. E a poucos centos de metros, no museo das peregrinacións, Acisclo R. Manzano Freire (Ourense, 1940, taller en Viduedo, Cea) amosa Bosquexos para Mateo. Dúas xeracións, dúas sensibilidades.
O versátil artista alaricano estrea novo camiño estético deixando a un lado o luminoso aceiro soldado co que se ten expresado con autoridade de seu durante décadas en significadas exposicións dende a figuración, con conceptos solidarios e decididas........
