menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Exposición de Sula Repani

13 0
06.04.2026

Aartista Sula (Chryssoula) Repani, con residencia en Tamallancos, Vilamarín, está a facer en Vilarchao, lugar central de Coles ao estar aquí a capitalidade municipal do concello, unha acción cultural... no rural ourensán, amosando as súas obras na Casa Conde. Este é un lugar de referencia para os veciños, de xuntanzas cotiás e encontros casuais no marco comercial da cafetaría, eido privilexiado da comensalidade, o de compartir un tempo arredor dunha mesa, cun café, e mesmo comida. Áchase aquí, nas súas paredes -incluída a da TV-, a mostra pictórica, na que se amosan mundos de sensacións, e mesmo viaxes até o extremo do Mediterráneo, na Grecia continental e insular, a terra natal de Sula, nada en Atenas (1959) e con terras familiares na illa de Lesbos, no leste do mar Exeo, preto xa da costa turca, onde abunda a cor esmeralda,........

© La Región