menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O eixe do mal

17 0
22.02.2026

Oeufemismo que utilizou a profesora do meu fillo de tres anos foi: “Xuntouse cos máis movidos”. Como eu xa sabía a clase de tipo da que estaba falando, enseguida imaxinei unha adaptación de “O señor das moscas”, e empecei a baleirar cada día a súa mochila co temor de atopar unha cabeza de xabaril.

Iago xuntouse, ou lidera, quen sabe, o grupo dos malotes, como era previsible. Soubeno dende que ao ano vinlle empalar un biberón metendo un palillo chinés pola tetina, nunha escea só comparable a “Holocausto caníbal”.

Existen dúas clases de colexios de elite. Os de sempre, de familias ancestrais, con apelidos que nomean rúas e negocios. Aos que foi o pai e o tataravó, ao que se coñece por ser o primeiro que trouxo á cidade a halterofilia, ou o after eight. E logo están os outros, como o meu, onde hai múltiples nacionalidades exóticas, e os pais non........

© La Región