Dous franciscanos de Cartelle en Filipinas
Corría o mes de setembro de 1844 cando Fr. Benito Álvarez e Fr. Castor Pérez arribaron a Manila. Ambos formaban parte da mesma expedición de misioneiros franciscanos, unha das moitas que recalaron no arquipélago filipino trala exclaustración. Daquela as Filipinas aínda eran españolas. Ambos eran coristas, denominación que recibían os que xa remataran o noviciado, pero aínda non foran ordenados sacerdotes. E ambos eran de Cartelle.
De acordo co Catálogo biográfico elaborado polo P. Eusebio Gómez Platero a finais do século XIX, Fr. Benito Álvarez naceu en Cartelle o 26 de decembro de 1816, profesando en 1833. En Filipinas desempeñou importantes cargos dentro da súa congregación, chegando a ser presidente de San Francisco de Manila. Exerceu como misioneiro en Carranglán,........
