menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Adeus á revolución cubana

33 0
18.03.2026

Despois de máis de sesenta anos, a chamada Revolución Cubana chegou ó seu fin. Capitulou. As chamadas á resistencia sucumbiron diante as estreiteces que pasan as xentes da illa. Con todo, moito terán que mudar as cousas para que a que foi a perla do Caribe volva a ter o nivel de vida que tiña antes da chegada de Fidel. A realidade é que moitos cubanos descoñecen o que había neses tempo, pois para eles a historia comezou despois da revolución comunista. A ditadura rouboulles coñecer como era aquela Cuba e someteunos a un proceso de alienación forzosa.

O que acontece hoxe tráeme á memoria conversas con compañeiros nos tempos da militancia política. Falar da ditadura cubana era case un sacrilexio para aqueles que berraban contra o bloqueo que soamente era un embargo polo pago das expropiacións. Tamén conversas recentes con amigos que tiñan moi claro o da ditadura. Sempre defendín que a igualdade entre os humanos ten que reflectirse no tema lexislativo. Todos por dereito somos iguais. Mais tamén penso que o Estado non pode ser o acaparador de toda actividade dos cidadáns. Si, pode........

© La Región