Orgullo na embaixada galega
Tiña que ser na Casa de Galicia, esa noble edificación que destaca na rúa de Casado del Alisal, ese excepcional pintor de Villada cuxa obra “El juramento de las Cortes de Cádiz en 1810” preside o hemiciclo do Congreso dos Deputados. A “embaixada” de Galicia en Madrid servíu unha vez máis para a difusión, neste caso, da nosa cultura coa presentación de “Alén da frol do tempo”, pura poesía (1988-2020) do prolífico Abel Veiga.
Prologada polo presidente Rueda, que pechou tamén o acto, estamos ante unha nova demostración do “renacentista” Abel Benito Veiga Copo, e entenderán o título desta columna pola súa condición de nado en Esgos (Ourense). Decano da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia de Comillas (Icade) pode definirse como un apaixoado vocacional da docencia e da investigación. Máis de seis mil artigos de opinión e cento cincuenta libros publicados falan alto e claro do seu interese polo público e tamén que a palabra o pode........
