Xosé Manuel Beiras
O falecemento de Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela, 1936–2026), pecha unha longa traxectoria vital no mundo académico, cultural e político de Galicia. Unha personalidade singular que, desde a súa primeira madurez, pareceu predestinado a desempeñar papeis referenciais no país. Un país, Galicia, tronzado pola Guerra Civil, coas súas elites culturais e políticas eliminadas, silenciadas ou no exilio e unha sociedade desnaturalizada na súa identidade e, en boa medida, expulsada á emigración. Beiras converteríase, ben pronto, nun referente para as novas xeracións universitarias, para os círculos intelectuais e artísticos que, moi aos poucos, empezaban a reconstruír a tradición. Unha tradición, no seu caso, aprehendida na........
