Cadaquén, da súa casa
Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na Facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aos asistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por ser unha realidade coñecida e calada. O escritor e músico, entre peza e peza, dixo que Galicia era un país que tiña, como o máis importante referente nos eidos da literatura, unha muller, á admirada Rosalía de Castro, que escribía e iluminaba os eidos por onde se movía coa súa palabra en defensa dos........
