De quen é a cupa?
A potencia do impacto da presentación do Informe PISA aínda latexa hoxe polas demoledoras conclusións que sitúan a España dos máis novos no terraplén cara a insolvencia no coñecemento. Non somos os únicos, pois acompáñannos case un centenar de países (máis outros que non participan deste documento), pero é un magro argumento escurrir o bulto.
Das estatísticas do traballo estará vostede xa de volta, pero os especialistas apuntan ao descenso da comprensión lectora dos adolescentes, empurrado pola socialización dos dispositivos dixitais (teléfono móbil sobre todo) ou a menor curiosidade pola lectura e o arredamento da cultura do esforzo, como grandes escollos para unha mellor aprendizaxe. Traducido de xeito........
