Mestre Acisclo
Coñecín a Acisclo hai moitos anos, a principios da década de 1980, en plena ebulición dunha democracia recén estreada. El é doutra xeración, cun frutífero camiño que garda na mochila. Falábamos no barrio de Viños, de cando en vez pero con devagar. Fascinábame a súa obra, na que entón predominaba a terracota con barros claros mediterráneos e formas dinámicas onde as pezas, dotadas de movemento, parecían danzar no sitio. Vía nelas un alarde espacial, outorgándolle a capacidade de engadir unha cuarta dimensión a cada figura. E como non, o xogo de texturas. En poucos centímetros, a superficie de cada peza mudaba de súpeto. Era un ritmo frenético na que as fisionomías lisas, suaves, interrompíanse con rizos e rabuñaduras que evitaban o tedio da previsibilidade, toda unha declaración de guerra aberta contra a monotonía. De súpeto, nese mar que alterna calmas e tempestades,........
