Mans Sucias
Lavade as mans antes de xantar e cantas máis veces o fagades no día, moito mellor”. Esta recomendación repítea a Organización Mundial da Saúde (OMS) para toda a humanidade, para os máis de sete mil millóns de habitantes da Terra. Teñen que aprender a lavar as mans se queren salvar a súa vida. As miñas fillas fixérono moitas veces e, grazas a esa costume, superaron incontables situacións adversas cando residían no continente africano.
A OMS informa que se estenderán polo mundo moitas enfermidades producidas por virus moi agresivos e, na actualidade, pouco coñecidos. Pandemias, máis pandemias, infinidade de pandemias. Cantas vacinas serán postas en circulación para tratar de protexer á humanidade? Sen dúbida, a vacina máis barata e ao alcance de todos é lavar as mans e seguir as instrucións dos........
