A caza do home
O 3 de marzo de 1985, o Sindicato Nacional de Mineiros do Reino Unido votou a favor do remate da folga que durara un ano. Os mineiros rendéronse e a opinión pública apoiou a Margaret Thacher (1979-1990), líder do Goberno conservador.
O efecto do “Informe Ridley” foi demoledor e Thacher aplicouno practicamente o pé da letra. Ridley analizaba a rendabilidade das industrias nacionalizadas que xeraban cuantiosas perdas para o erario e propoñía unha serie de medidas que, a curto prazo, restarían poder ao movemento obreiro e permitirían que o libre mercado solventase os problemas económicos.
O capitalismo gañou unha importante batalla que, traducida en medidas económicas e políticas, permitía facer máis ricos ós ricos, sen prexudicar as clases medias, ao tempo que se destruía a estrutura........
