menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A casa de María Andrea

12 0
24.04.2026

A praza do Eirociño dos Cabaleiros é un dos recunchos mais atrativos e acolledores do casco histórico ourensan que amosa unha tranquilidade e sosego que sorprende gratamente ao comparala có bulicio e alborozo das rúas e prazas que a arrodean. Históricamente, tivo diversas denominacións: A Hortiña, praza do Cid, praza do Eiró, praza do Eirociño e praza do Eirociño dos Cabaleiros. Pola súa fachada leste discorre a rúa que une a rúa San Miguel maila praza de Santa Eufemia chamada primeiramente “San Fernando” e, desde os anos trinta do século XX “Irmans Villar”. O Concello de Ourense aprobara, en sesión plenaria, a petición dos alumnos do colexio dos “Irmans Villar” como homenaxe a Amador e Luis Saturnino Villar.

Florentino López Cuevillas, no seu artigo titulado “Fidalgos” consideraba que Ourense non contou ata comezos do século XV con fidalgos establecidos nela con carácter permanente. Daquela viron os Cadórniga, que levantaron a súa residencia na esquina da Praza Maior coa rúa de Lamas Carvajal e, logo, os seguiron outras familias que apousentaron na cidade. A praza do Eirociño dos Cabaleiros e a rúa dos Irmans Villar pode cualificarse como un “barrio aristocrático” onde a fidalguia construiu as súas casas señoriais. Este suxestivo recuncho sufriu a causa do tempo das reconstrucións que nel se llevaron a cabo; ainda se conservan alí fiestras canopiais, portadas con arco, patios pavimentados con coios do río e escudos coas armas dos Puga, os Lemos, os........

© La Región