menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Aptos para o partido, inútiles para Ourense

11 0
10.09.2026

Hai xa algunhas semanas, nas páxinas deste xornal informábase do peche dunha escola infantil da provincia que afrontaba o vindeiro curso cunha única matrícula. No anterior, 2025-2026, xa se salvara in extremis con apenas cinco alumnos, o mínimo esixido pola Xunta de Galicia para manter o centro aberto. Unha escola non son só aulas nin unha cifra nunha estatística. É un servizo esencial que facilita a conciliación, crea comunidade e decide se as familias con nenos fican ou marchan. O peche certifica o declive, pero tamén o acelera ao restar atractivo residencial ao municipio. E non falamos dun territorio condenado pola distancia. Na mesma contorna metropolitana, a poucos quilómetros, outros concellos gañaron centos de nenos nos últimos anos atraendo familias con emprego, vivenda, conciliación e servizos. O fechamento non fala só da escaseza de nenos. Obriga a preguntarse pola política que faltou.

O rexedor do municipio afectado non representa unha excepción dentro da súa especie: dos que non gasta o cartafol e lle tolea a lingua, sempre co paso cambiado, gris e apoucado. Un perfil ideal para o aparato partidario que o enxalzou até o secretariado provincial tras gañar unhas primarias pola mínima, no medio dunha fonda división interna. Na súa proclamación comprometíase a “reverter o problema do despoboamento”, traballar polo “acceso á vivenda”, o “transporte digno” e a “conectividade”, e conseguir que “nacer nun pequeno concello non sexa sinónimo de ter menos........

© La Región