Café para a apocalipse
Teño a boca seca. A calor é moita, mesmo andando pola sombra. Andei polo paseo do regato dos Muíños lendo en “Brooklyn Follies”, de Paul Auster. Á sombra aínda se pode ir tirando, pero cada vez que tocaba pasar polo sol era como morrer un pouco... asfixiado, sufocado, coa dignidade xusta para chegar ó seguinte anaco de sombra. Ó final, máis que ler a Auster, parecía que estaba esperando pola miña autopsia.
Teño a boca seca. Van traerme o café. Sempre oín dicir que o café é bo........
