menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Corenta segundos na vida dun poeta

13 0
06.07.2026

Son moitos os rexistros que dentro da biografía de Celso Emilio Ferreiro abordan a, primeiro esperanzadora e despois convulsa, relación que o poeta mantivo coa emigración no entorno da Hermandad Gallega de Venezuela, entre 1966 e 1973.

A todos cantos teñen -temos- unha certa idade, a apocalipse sufrida a pasada semana pola sociedade venezolana, estou seguro de que lles devolveu á idea aqueloutro episodio telúrico que tivo lugar ás oito da tarde do 29 de xullo de 1967, cando un tremor semellante converteu ós habitantes da capital nuns xoguetes animados abaneados ó albedrío da danza mortal provocada polo estremecemento da terra. Foron “cuarenta segundos de oleaje geológico”, que o poeta non esquecería xamais.

A xeito de resumo direi que viaxou ó Caribe no mes de maio de 1966 e cando aínda estaba asentando á familia na cidade, o 29 de xullo do ano seguinte tivo lugar un sismo de 6,7 graos que derrubou numerosos edificios e provocou varios centos de mortos e unha sensación indescritible para quen non estaba afeito a recibir acometidas desa dimensión, como lle acontecía ó propio poeta.

Ademais de ofrecer conferencias por distintos centros, entidades e institucións, Celso Emilio mantivo un compromiso xornalístico e editorial con diferentes medios do país que deixara atrás. Un deles foi o histórico “ABC” no que pronto comezou a escribir crónicas relacionadas coa vida cotiá e con aconteceres sociais, históricos, etc., do país que comezaba a descubrir e ó que lle colleu -todo hai que dicir de paso- un profundo cariño.

Neste contexto, tralo tremor o xornal........

© La Región