Temos que facer por enganar a Azrael
Hai unha semana, ou cousa así, din en ler nun xornal madrileño unha entrevista feita a unha rabina xudía. A rabina é francesa, chámase Delphine Horvilleur. Tamén é nova, cando menos contemplada dende a provecta idade que eu calzo ó día da data. A entrevista, non recordo o nome de quen lla fixo, interesoume moito; tanto que saín zumbando a ese luxo de librería que teño a un par de quilómetros da casa. Regresei con tres libros dela, a saber: “Como hablar de la muerte a los niños”, o primeiro; “Madres, hijos y rabinos”, o segundo, e “Vivir con nuestros muertos”, o terceiro deles. Editounos Libros del Asteroide, esa editora que emite ben máis luz ca un planeta; cousas que pasan. E pasan máis a miúdo do que se pensa; porén imos deixar aí tema tan luminoso. Comecei a lectura polo derradeiro dos tres libros citados; pra min, o máis interesante dos tres. Voulles falar algo del. Cóntanos a rabina, pois os xudeus sonlles moi dados a contar historias, que a morte pode perseguirnos, pode acosarnos........
