menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O tren que nos leva (rá) á outra beira do Miño

33 0
03.08.2026

A opinión pública galega adoita asistir con escepticismo aos debates sobre infraestruturas, afeita a que as promesas do BOE devalen en eternas demoras administrativas. Porén, o que hoxe se dirime arredor da Alta Velocidade Ferroviaria (AVF) entre Galicia e Portugal non é unha simple mellora nas comunicacións, senón un dos elementos fulcrais da nosa vertebración territorial, por estarmos diante do deseño estratéxico do noso mapa económico para o vindeiro medio século. Galicia non está para xogos nin para permitir que o centralismo madrileño volva conxelar a nosa saída ao exterior.

O estado da cuestión sitúanos ante un paradoxo histórico. Mentres o Goberno portugués de Luís Montenegro (canda os anteriores gobernos socialistas) amosa unha determinación inequívoca, fixando o horizonte de 2033 para conectar Lisboa e Porto con Vigo, o Ministerio de Transportes en Madrid arrastra os pés na tramitación da........

© La Opinión A Coruña