O feminismo como imperativo da democracia e da xustiza social
A conmemoración este domingo 8-M do Día Internacional da Muller transcende á mera efeméride para se situar no centro dun debate xurídico-político de primeira orde. Constitúe unha esixencia civilizatoria que o principio de igualdade, común no Dereito constitucional europeo non devale nunha sorte de nominalismo baleiro. O feminismo hoxe non é só unha vindicación de parte, senón o alicerce sobre o que debe pivotar a resistencia fronte á involución autoritaria e á barbarie.
A erradicación da violencia machista esixe unha estratexia integral que comeza na raíz: unha educación na escola e na familia que non se limite a enunciar valores, senón que desmonte a estrutura simbólica da dominación. Porén, onde o Estado de Dereito xoga a súa credibilidade é no eido xurisdicional. Resulta imperativo que a carreira xudicial incorpore, dun xeito dogmático e operativo, a perspectiva de xénero como criterio de hermenéutica xurídica. Non falamos de crear un privilexio procesual nin moito menos de cuestionarmos a presunción de........
