O quinto tripulante á Lúa
O 1 de abril Artemis II emprendeu a súa viaxe á Lúa. Ida e volta, esta vez sen parada. Desde o Apolo 11 ao Apolo 17 foron dez as persoas que puxeron os seus pés sobre a superficie lunar. En todo caso, máis de cinco décadas despois, estes catro astronautas poderán contemplar partes antes nunca vistas na cara oculta da Lúa. Ese lado do noso satélite que non se nos amosa pola súa conta, de xeito que hai que ir velo pola nosa conta e risco.
A bordo ía outro tripulante, o quinto, como lle chamaron algúns medios de comunicación nos Estados Unidos; trátase da IA. Non deixa de ser unha proeza maiúscula percorrer os 400.000 km que aproximadamente nos separan do noso satélite. Porén, hoxe xa non me sorprende tanto, non só por terse feito antes, hai 54 anos, senón por se ter feito daquela con menos capacidade de cómputo a bordo que a que ten unha........
