IA: de bocaaberta a engurrar o cello
Escribín nalgunha ocasión sobre o atraso co que chegan a Europa, e a España en concreto, certas cousas que ocorren nos EUA algúns anos antes. É bastante evidente no relativo a modas, tendencias, desenvolvemento e usos de novas tecnoloxías e modelos de negocio.
Pois ben, vou facer algo que non é habitual en min: unha predición. Logo explícoa, pero xa a apunto: comezaremos pronto a ver en Europa un incremento do receo ou da desconfianza cara á IA.
Nos EUA, a maioría dos menores de 30 anos mostran máis preocupación que entusiasmo cando se lles pregunta pola IA, segundo unha enquisa do Pew Research Center publicada recentemente. Ademais, produciuse un incremento do 24% nos últimos cinco anos. Máis dun 70% das persoas enquisadas mostrou a súa preocupación por unha redución do emprego causada pola IA.
Comentei noutro artigo que este ano houbo varios actos de graduación........
