A intelixencia artificial morreu, longa vida á superintelixencia
Defendo por múltiples motivos o nome de «intelixencia artificial», algo que, por certo, non poucos dos meus colegas discuten. De feito, creo que ningún outro nome tería resistido sete décadas contra vento e marea. Porén, o tipo da pel laranxa, como se referiu recentemente a Donald Trump a revista Wired, propúxose que lle cambiemos o nome polo de superintelixencia. Os todopoderosos oligarcas da IA parecen ter dito «amén», e iso que superintelixencia ten no noso campo un significado distinto. A superintelixencia non é unha intelixencia artificial de vangarda, senón aquela, hipotética, moito máis intelixente que os seres humanos en todo.
Non sei por que estraña razón a Donald Trump non lle gusta o nome de intelixencia artificial, aínda que algunha vez comentou que ese termo denota........
